4 de enero de 2013

Esta noite pasoume algo canto menos ben curioso. Estaba morta de sono e cando xa o reloxo chegaba paseniño á unha da mañá, levanteime baixala persiana e a miña sorpresa foi tremenda ó vela lúa así. Baixei a todo meter coller a cámara e aí estiven ata conseguir a foto. Estaba descalza e co sono escorrentado pero o certo é que non me estrana un comportamento así. 

A foto que saquei é esta. Xa que non teño un gran angular fixen unha pequena trampa de sacar dúas e xuntala. Deume algo de lea que non houbese discontinuidade sobre todo nas cores do ceo, pero polo demáis se o miras así de rápido ainda parece que sain do paso! O único é que a cámara que usei fai un ruido infernal usando a ISO superior a 400... pero iso é algo co que estou condenada a vivir de momento.


Quen non é capaz de pasar algo de frío pero non lle importar por que está facendo algo que lle gusta? De feito quérovos deixar un video que vin hai tempo dun fotógrafos que estaban a sacar fotos en condicións meteorolóxicas moi duras. Calquera diría que non hai necesidade de expórse a tales riscos. Pero o certo é que os entendín ben. Cando algo che gusta moito bótaste onde calquera dos máis valentes non se botaría endexamáis.

Eu de momento o que non me atrevo é sair soa de noite ó medio da nada sacar fotos por mor de que me saia un home lobo e me coma. Pero unha noite que non haxa lúa vou. Prometido.