Creo que xa podo dicir oficialmente que son libre! "Libre", máis ben. Posto que hoxe rematou o periodo de exames-entregas de traballo, pero ó mesmo tempo xa empezamos o segundo cuatrimestre con oito horas de clase diarias. A que sindicato me teño que chivar para que nos dean unhas vacacións pequeniñas ainda que sexa dunha semana?
O caso é que co último traballo tivemos unha relación amor-odio. Amor porque me gustaba, odio porque o tempo era escaso e xa estaba queimadísima dos exames. Pero estamos acostumbrados! Os estudiantes vivimos esa situación até para o momento menos esperado.
Este proxecto é para a asignatura de Deseño de producción, na cal se escolle un guión e se nos repartían as escenas. En cada unha delas tiñamos que facer un despliegue e deseño tanto de personaxes, como vestuario e como non a escea propia.
Creo que o mellor do vestuario foi poder engadir unha prenda que ando tempo detrás dela. E é que unha das personaxes levo unha cazadora vaquera blanca cos cuellos forrados de borreguillo. Vai coma un pincel!
Tamén quedou ao meu cargo o story board. E só quedei contenta coas tres primeiras viñetas que facía un cambio de luz coas cores. Parece que sei e todo!