Hoxe quérovos amosar unha nova técnica que aprendín que, ben feita, é asombrosa! O Tift-Shift é unha técnica a cal o fotógrafo debe abarcar unha gran paisaxe -canto máis picada mellor- logo aplicando certos desenfoques consigue facer das localizacións un efecto maqueta!
Esta que vos ensino aquí foi a que máis gustou entre os meus compañeiros de clase -que hoxe, logo do primeiro exame de xaneiro- levamos traballando na Facultade certos traballiños. O bo de ir deixando as cousas, xa sabedes... pero "en fin, la vida".
Pero francamente esta técnica resulta moitísimo máis chamativa cando se fai en video. Déixovos unha mostra para que vexades: semella unha maqueta viva! É espectacular.
