12 de febrero de 2013


Pack para ser un hipster

Faite hipster! Que o deseñador croata Mihael Miklosic argallou un pack co que iniciarse nesta corrente tan de moda últimamente. Ou de algún xeito, son os que levan bigotillo como nosos pais nos 70 ainda que o políticamente correcto sería dicirlles que son os que pertencen a "La subcultura que está asociada con la música independiente, una sensibilidad variada en una moda alejada de corrientes predominantes, y estilos de vidas alternativas".
O pack inclúe elementos moi estereotipados: unha camisa de cadros de franela, unha polaroid (porque Instragram é demasiado mainstream) un caixa de cinta, unhas gafas de pasta e uns bigotes así como un propio manual onde se dan algúns consellos.

Eu engadiría que se precisan un lugar low cost onde conseguir a indumentaria que se pasen agora e aproveiten o cambio de tempada no Pull&Bear.





Bo día e feliz martes!

3 de febrero de 2013

Felices 55, papá!


3, febreiro de 2013.


Hoxe está de aniversario unha das persoas máis importantes na miña vida. Un entusiasta que ten máis ganas ca ninguén de coller a vida por diante. É quen sabe e me ensinou que por moi mal que se poña todo "nunca choveu que non escampara", e que nunca teña medo de pórme adiante cos meus proxectos xa que "leira empezada medio traballada" e que lle poña ganas porque "pro bo traballador non hai ferramenta mala" e que non me despiste do meu camiño porque podo "estar na horta e non ver as berzas" e aproveite ben o tempo, non faga como a "ovella que bala, bocado que perde", que por moi difícil que sexa todo lembra que "o palleiro non se fai sen palla" e que "facendo e desfacendo a costureira vai aprendendo." E veña, que "o comer e rañar éche cousa de empezar". Pero tamén, ollo, coa humildade vaise a moitos máis sitios que "o diñeiro mal ganado, entra pola porta e sae polo tellado".

Pero que tampouco me esqueza do máis importante "desfruta, come e bebe ca vida é breve."

Xa se sabe que "de tal pao tal astilla".
Moi felices 55, papá. Que sexan outros 55 -mínimo- ao noso carón e máis felices ca nunca.



29 de enero de 2013

Maqueteando!

Creo que xa podo dicir oficialmente que son libre! "Libre", máis ben. Posto que hoxe rematou o periodo de exames-entregas de traballo, pero ó mesmo tempo xa empezamos o segundo cuatrimestre con oito horas de clase diarias. A que sindicato me teño que chivar para que nos dean unhas vacacións pequeniñas ainda que sexa dunha semana?

O caso é que co último traballo tivemos unha relación amor-odio. Amor porque me gustaba, odio porque o tempo era escaso e xa estaba queimadísima dos exames. Pero estamos acostumbrados! Os estudiantes vivimos esa situación até para o momento menos esperado.

Este proxecto é para a asignatura de Deseño de producción, na cal se escolle un guión e se nos repartían as escenas. En cada unha delas tiñamos que facer un despliegue e deseño tanto de personaxes, como vestuario e como non a escea propia.


15 de enero de 2013

Tift-Shift



Hoxe quérovos amosar unha nova técnica que aprendín que, ben feita, é asombrosa! O Tift-Shift é unha técnica a cal o fotógrafo debe abarcar unha gran paisaxe -canto máis picada mellor- logo aplicando certos desenfoques consigue facer das localizacións un efecto maqueta!

Esta que vos ensino aquí foi a que máis gustou entre os meus compañeiros de clase -que hoxe, logo do primeiro exame de xaneiro- levamos traballando na Facultade certos traballiños. O bo de ir deixando as cousas, xa sabedes... pero "en fin, la vida".


4 de enero de 2013

Esta noite pasoume algo canto menos ben curioso. Estaba morta de sono e cando xa o reloxo chegaba paseniño á unha da mañá, levanteime baixala persiana e a miña sorpresa foi tremenda ó vela lúa así. Baixei a todo meter coller a cámara e aí estiven ata conseguir a foto. Estaba descalza e co sono escorrentado pero o certo é que non me estrana un comportamento así. 

A foto que saquei é esta. Xa que non teño un gran angular fixen unha pequena trampa de sacar dúas e xuntala. Deume algo de lea que non houbese discontinuidade sobre todo nas cores do ceo, pero polo demáis se o miras así de rápido ainda parece que sain do paso! O único é que a cámara que usei fai un ruido infernal usando a ISO superior a 400... pero iso é algo co que estou condenada a vivir de momento.


Quen non é capaz de pasar algo de frío pero non lle importar por que está facendo algo que lle gusta? De feito quérovos deixar un video que vin hai tempo dun fotógrafos que estaban a sacar fotos en condicións meteorolóxicas moi duras. Calquera diría que non hai necesidade de expórse a tales riscos. Pero o certo é que os entendín ben. Cando algo che gusta moito bótaste onde calquera dos máis valentes non se botaría endexamáis.

Eu de momento o que non me atrevo é sair soa de noite ó medio da nada sacar fotos por mor de que me saia un home lobo e me coma. Pero unha noite que non haxa lúa vou. Prometido.



25 de diciembre de 2012

"25 de diciembre, poom poom chis poom."

Bo Nadal, meus queridos lectores efímeros! Como de grande foi a vosa chea en noite vella? Espero que inmensa. ;D
A miña foi un pelín curta e esta mañá xa me levantei co agobio de que xaneiro xa está aí polo que vou inventirdo todas estas vacacións en rematar prácticas e comezar a estudiar. Esta semana pasada ainda rematei unha curta para entregar nunha das asignaturas. Ó facela ocorréuseme a idea de facer -como base de guión os microcontos- as microcurtas. Só que  a miña microcurta dura tanto como unha curtametraxe polo que dame que ainda hai que buscarlle matices a isto.

Sobre a curta dicir que non estou nada orgullosa dela, sáltome un montón o raccord e nin sequera estivo nin planificado, nin un guión escrito nin un story board. Vamos, que me saltei todas as pautas que demos este cuatrimestre. Directores do mundo, perdoádeme!

Vémonos nos bares. Unha aperta!